Guadi Galego acaba de presentar “Pícanme Os Ollos”, un novo e comprometido tema xunto ao artista madrileño Depedro. Escrito xunto a Carlos Abal, “Pícanme Os Ollos” é toda unha chamada á reflexión e a non permanecer impasibles ante as inxustizas e a violencia.
O videoclip, dirixido por Lucas Terceiro, plasma esta mensaxe a través dunha nena que decide tomar acción ante distintas situacións de violencia. Foi rodado nunha leira de Guimarei e no Teatro Principal da Estrada, e é o primeiro no que Guadi aparece como protagonista.
Ambos artistas interpretan nel o tema vestidos de rigoroso branco, e sobre eles proxéctanse as imaxes das secuencias narrativas do videoclip.
Guadi Galego destacou o seu agradecemento “a to@s @s nen@s que participaron no clip e que simbolizan ese mundo que aínda estamos a tempo de cambiar. Espero que estea cheo de Helenas, que non miren cara a outro lado.”
Non te perdas o videoclip de “Pícanme Os Ollos” e a importante mensaxe que transmite: