A voz do reggae galego, High Paw, acaba de unir forzas con Ortiga en ” Non Hai Quen Me Ature”, un festivo e bailable novo single que formará parte do novo traballo do galego, “Poiro EP”, editado a través de Ernie Records.
O seu videoclip está dirixido por Xaime Miranda, e transcorre no interior dun taxi no que se suceden diferentes mostras de amor, paixón e afecto entre diferentes persoas.
Adrián Quinteiro foi o responsable da dirección de fotografía.
Non o perdas!