OITO PROXECTOS MUSICAIS DISPORÁN DE ASESORAMENTO DE PROFESIONAIS DO SECTOR E PODERÁN GRAVAR UNHA CANCIÓN E UN VIDEOCLIP PROFESIONAL
O programa “Descúbreas” ten dous fíos condutores, por unha banda conta cunha plataforma web que alberga todos os contidos, cun directorio de mulleres artistas, axenda, titoriais sobre o funcionamento da industria musical e unha consultaría en liña e, por outra banda, un programa de mentoría dirixido a oito nenas e mozas de entre 16 e 26 anos da provincia de Pontevedra, que terá como resultado a gravación das súas propias cancións e do seu propio vídeo-clip.
QUE INCLÚE O PROGRAMA?
- Sesións de mentoría coas profesionais adecuadas a cada proxecto.
- A gravación dunha canción propia en estudio
- A gravación e realización dun vídeo musical propio.
PRAZO DE PRESENTACIÓN
Del 29 de marzo ao 20 de abril.
REQUISITOS E MATERIAL A ENTREGAR
- Nenas e mozas de entre 16 e 26 anos da provincia de Pontevedra.
- Presentación da solicitude (https://sede.depo.gal) xunto a:
- Unha carta de motivación na que nos contes os motivos de porqué queres participar, a túa relación coa música, o que queres lograr participando…
- Currículo da túa carreira musical e a documentación acreditativa desta. Non te preocupes se non tes formación reglada, ti ensínanos todo o que fixeches, onde estudaches, se subiches contido a redes… Todas sodes benvidas!
- Presentación dun vídeo cunha canción orixinal. Non ten que ser un vídeo elaborado. Pódeste gravar co móvil ou cunha cámara e onde ti te estés máis cómoda ou simplemente ensinarnos algo que xa subiras a redes sociais ou que xa teñas gardado. Anímate!
TES DÚBIDAS?
Se tes dúbidas contacta connosco a través de info@descubreas.com, no formulario de contacto ou a través das nosas redes sociais. Tamén podedes chamarnos ou enviarnos un WhatsApp ao 680 51 28 47. Estaremos encantadas de axudarche.