“Intempériome”, adianto do novo traballo de A Banda da Loba

“Intempériome” é o primeiro adianto do EP “Hasme Oír” de A Banda da Loba. Sairá a luz a comezos de abril para homenaxear a Xela Arias, escritora á que se lle dedican as Letras Galegas este ano.

A Banda da Loba explica nas súas redes sociais “Intempériome”: “Fala de deixar atrás o aprendido, os prexuízos e os estereotipos e avanzar cara o auto-recoñecemento para sermos a persoa que queiramos ser. Os coidados e a liberdade… a base fundamental! Non hai momento mellor para ensinárvolo ca este, aproveitando a cercanía do 8M e do aniversario de Xela, dúas datas clave na súa vida e tamén nas nosas. Agardamos que vos guste!”