“(In)visibles e Sonoras”, unha nova edición das Xornadas de Música Contemporánea

“(In)visibles e sonoras” é o título da nova edición das Xornadas de Música Contemporánea, que se celebrarán do 1 ao 29 de xuño en el Auditorio de Galicia, Teatro Principal, CGAC e Praza das Praterías.

As xornadas están organizadas polo Concello de Santiago (Compostela Cultura), o CGAC, a USC, a Deputación da Coruña e o Consorcio da cidade.

Serán un total de tres coloquios e nove concertos cunha programación case completa de obras compostas por mulleres; todas as actividades serán de balde, previa retirada de invitación.