Kylie

Kylie Minogue estrea videoclip xunto a Years & Years

A australiana Kylie Minogue publicará o próximo 12 de novembro “DISCO: Guest List Edition”, unha reedición do seu último álbum de estudo coas colaboracións de Jessie Ware, Dua Lipa ou Gloria Gaynor, entre outros. E para ir adiantándonos o que nos espera, acaba de estrear “A Second To Midnight”, un bailable tema disco xunto a Years & Years.
 
O single foi coescrito pola artista xunto a Olly Alexander, líder da formación, co que mantén unha relación de amizade desde hai anos.
Non te perdas o videoclip do tema, dirixido por Sophie Muller e rodado no Collins Music Hall de Londres: