la bien querida

La Bien Querida estrena unha versión de “Llorando por ti” de Minerva

Ana Fernández-Villaverde (La Bien Querida) acaba de sacar á luz unha versión de “Llorando Por Tí” , un tema da artista catalá Minerva que triunfou nas listas de éxitos nos 90. O tema foi creado para un dos episodios da serie de HBOMax  “Todo Lo Otro”, unha comedia romántica dirixida e protagonizada por Abril Zamora, quen encargou o tema á artista.
 
Esta nova versión afástase da sonoridade dance do tema orixinal para introducirse nun terreo moito máis downtempo melancólico.
 
Non te perdas o seu orixinal videoclip, creado con escenas da serie e no que La Bien Querida cóase en espazos da casa dos seus protagonistas para interpretar a cámara a canción: