Lady Banana estrea o videoclip do seu novo single “Blind”

Lady Banana está a preparar o seu novo traballo e presentaron un novo videoclip en radio 3 para Blind, o segundo single de adianto do seu próximo disco. Non coñecedes quen está detrás de Lady Banana? O dúo zaragozano está composto por Nerea Buena (guitarra e voz) e Alba Villarig (batería e voz).

Blind está producido por Nerea e Alba (Lady Banana) e por Violeta Mosquera (batería de Bala) e Cristina Pablo (cantante e guitarrista da Nube). Por outra banda, o videoclip está dirixido por Ana Escario e Adela Moreno.