Laura Lamontagne

Laura Lamontagne & Pico Amperio desvelan detalles do seu disco debut

Compartir

Ao fin coñecemos algúns detalles do que será o álbum debut de Laura Lamontagne & Pico Amperio.

“Algo que Sinalar” será o título do disco, que corresponde a un verso dunha poetisa galega. O álbum representará “o feito de apelar a algo, de contestar, de ter máis que dicir sobre algo, de non pechar o debate.”

A formación galega acompañou a noticia dunha reivindicación dos textos literarios de historia galega: “Toda esa xente, dende esa peña medieval que os copiaba, pasando polo profesorado que nos facía analizar e ler, escoitar e pensar, ata as bandas que coa mesma teima quereron amosar o valor dos textos da literatura galega, coidou desa sabiduría e nola fixo chegar. Fixéronse grandes esforzos para que nós os estudaramos, para que nós os recibiramos con orgullo, para que neles vexamos unha parte da nosa humanidade e podamos facer un boceto da nosa identidade, os versionemos, os descontextualicemos e nolos podamos levar a outros mundos. A esa fila nos sumamos, levantamos a man e pasamos o relevo. Un cachiño de nós queda nesta gran intertextualidade que enriquece o legado da nosa literaura. Así de fácil. É o que sentimos”.

Mentres esperamos a chegada deste disco, te deixamos disfrutando do seu directo no Galicia Emerxe do pasado ano: