Law -Veni-Vidi-Vici

LAW (mentorizada de Descúbreas) nominada a mellor videoclip nos premios Maketón Maeloc por “VENI VIDI VICI”

Compartir

A artista multidisciplinar está nominada ós “Premios de la Música Maketón Maeloc” polo videoclip “VENI VIDI VICI” que realizou durante a súa mentoría na primeira edición de “Descúbreas”.

O videoclip da artista urbana LAW forma parte do programa de mentoría de “Descúbreas” que, entre outras accións, axuda ás participantes a gravar o seu primeiro videoclip. “VENI VIDI VICI”, dirixido por An Táboas de Regalamúsica, gravouse na sede da Deputación de Pontevedra e nos contenedores navais de Progeco en Vigo.

A 22ª edición dos premios organizados por “Los 40 Vigo” celebrarase o día 15 de decembro na sala Masterclub de Vigo a partir das 21.00 horas.

Descúbreas é un proxecto de apoio e impulso ao talento musical feminino promovido pola Deputación de Pontevedra, que cada ano acompaña a 8 rapazas seleccionadas por un xurado profesional a través dunha convocatoria pública nos seus primeiros pasos na música, por medio dun programa de mentoring no que teñen acceso a mentorías con mulleres referentes da industria musical, a gravación dun tema propio nun estudio profesional e a realización dun videoclip.