A compositora pontevedresa Leticia Rey acaba de estrear a cover de “It Happened Quiet”, un tema orixinal da artista norueguesa Aurora Aksnes, incluído no seu álbum “Infections of a Different Kind (Step 1)” publicado en 2018.
En palabras da artista galega: “Levaba moito tempo sen emocionarme da maneira na que o fixen cando a oín cantar, así que quixen facerlle unha pequena homenaxe a ese momento emotivo, e tamén á miña recuperación creativa e sensitiva, cantando este ‘It happened quiet'”.
Leticia Rey adiantou ademais que en breve verá a luz o primeiro adianto do seu novo EP.
Xa podes descubrir como soa a súa versión de “It Happened Quiet”