leticia rey - kitchen sessions

Leticia Rey lanza unha nova “Kitchen Session” con Xoel López e Fer Lamas

Compartir

A cantautora galega presenta a súa segunda “Kitchen Sessions” e a primeira que fai con invitados. Xoel López e Fer Lamas acompañan a Leticia Rey nesta versión tan especial da canción “You only live once” de “The Strokes”

O proxecto nace da conexión que a artista sinte entre a cultura e a música, en palabras de Leticia “as dúas nutren a alma e o corpo”. Haberá máis sesións nas que Leticia “cociñará” música cunha invitada ou invitado moi especiais… Mentras esperamos o próximo “Kitchen Sessions” seguimos gozando desta marabillosa versión.