Leticia Rey publica este mércores 1 de xuño en formato físico “LuX”, o seu primeiro disco. Gravado en directo e formado por 12 temas que se moven ao redor de diversas sonoridades coma o jazz ou o indie inspirados na luz, o álbum estará dispoñible nas plataformas dixitais o próximo 10 de xuño.
O disco que representa, en palabras de Leticia, “unha viaxe da mañá á noite que representa unha viaxe interior e de descubrimento e de maduración”
O artwork de “LuX” é obra de Catalina Méndez Abad
Se non queres esperar a escoitalo nas plataformas, faite coa túa copia física en @rockboxcoruna.