Maika Makovski regresa con “Reaching out to you”, adianto do seu novo traballo.

Maika Makovski volve cun novo single, Reaching out to you, como adianto do seu novo traballo MKMK. Un novo álbum gravado entre Arizona e o País Vasco que se publicará o 28 de maio.

Vímola en diversos programas como La Hora Musa e facendo colaboracións con outros artistas como Mikel Erentxu, pero desxábamos escoitar algo novo tras cinco anos de espera desde Chinook Wind.

Nesta canción participaron Howe Gelb (voces), Martxel Arkarazo (baixo), James Peter (batería), Adrián Seijas (batería, guitarra, coros) e Xisco Vermello (guitarra, coros), con Maika (voz, guitarras, sintetizador e melotron) á cabeza.