Imagen post ok

Mañá venres 10 de marzo remata o prazo para inscribirse na III Edición do Mentoring de Descúbreas

Compartir

Mañá venres 10 de marzo péchase o prazo para inscribirse na III Edición do Programa de Mentoring de Descúbreas da Deputación de Pontevedra. Se resides en Pontevedra, tes entre 16 e 35 anos e creaches ao menos unha canción, podes optar a unha das 8 becas que concede a Deputación de Pontevedra, e que servirán para que poidas dar os teus primeiros pasos na industria musical a través de mentorías con mulleres referentes da industria, a gravación do teu single nun estudio profesional e a realización dun videoclip.

QUE DOCUMENTACIÓN PRECISO PARA PARTICIPAR?

  • Un currículum da túa carreira musical e a documentación acreditativa desta
  • Unha carta de motivación
  • Un vídeo cunha interpretación musical dunha canción propia

Lembra ler as bases completas para non deixarte nada atrás!

Nas pasadas edicións, Wöyza, Patricia Hermida, Andy González, Priscila Retamozo e Raquel Seijo foron as mentoras que guiaron e formaron ás rapazas a través de mentorías individuais e talleres grupais, como o de iniciación á industria musical, o de proceso creativo ou a visita ao Festival Vive Nigrán, onde aprenderon como se organiza un gran festival.

Dalle ao play ao video para descubrir como foi o Mentoring da II Edición.

descubre o resultado dos  singles e videoclips das dezaseis mozas das dúas primeiras edicións premendo no botón:

Tes dúbidas de como funciona o proceso do mentoring? Asi é:

documentos.png
chek.png

CRITERIOS DE SELECCIÓN

Valoraremos as túas aptitudes, o teu talento, as túas ganas, pero, sobre todo, tentaremos saber se é o momento axeitado para que deas eses primeiros pasos.

clip.png

PROGRAMA DE BECAS

Se resultas elixida entre as candidatas, as nosas mentoras asesorarante para que empeces a camiñar no mundo da música, graves unha canción nun estudio profesional e realices un vídeo musical.

asesoramento.png

ASESORAMENTO PROFESIONAL

O programa inclúe seis sesións de asesoramento en liña con expertas coas que descubrirás as claves da escena musical.

microfono-1.png

ESTUDIO DE GRAVACIÓN

Acompañámoste no proceso creativo e darémoslle forma gravando a túa primeira canción nun estudio profesional.

camara.png

O TEU PRIMEIRO VÍDEO MUSICAL

A mentoría musical tamén inclúe a realización do teu vídeo musical en formato profesional.

Anímate a participar e apresúrate, tes ata mañá venres 10 de marzo! 

Se tes algunha dúbida non dubides en escribirnos a info@descubreas.com