melanie

Melani García presenta o seu novo single: “Valientes”

Pasaron exactamente dous anos desde que Melani García representou a España no Festival Eurovisión Junior, no que quedou en terceiro lugar. Agora a artista presenta o seu novo single, “Valientes”, un tema dedicado ás súas e seus eurofans co que quere dar comezo a unha nova etapa na súa carreira musical.
 
Tanto a música como a letra da canción, que fala sobre un ser querido que xa non está e a resiliencia ante esa situación, foron compostas por ela mesma.
 
En palabras da propia artista: “Estaba nun momento da miña vida no que tiven que tomar unha decisión difícil que era deixar a miña compañía discográfica. Ao principio tiña medo porque non sabía hacia onde ía dirixir a miña carreira, pero despois de actuar nun concerto dirixido a eurofanes e sentir o apoio de todos inspireime. Cheguei a casa e a letra e a música fluíu soa, saíume do corazón. A todos eles vai dedicada Valientes”.
 
O videoclip de “Valientes” está realizado por Sergey Shilenok, e xa podes descubrilo aquí: