“Midas”, o novo tema de Tanxugueiras tráenos sons urbanos e tradicionais.

5 de febreiro de 2020. Tanxugueiras publica o seu novo single Midas. Un tema no que fusionan estilos urbanos, como o trap e a electrónica, pero coa base de música tradicional que xa as caracteriza nas súas cancións.

“​Midas é o tema que, neste momento, queremos facer, na procura dunha sonoridade moi persoal, moi nosa, sen controversias e sen prexuízos. Este ​Midas é Tanxugueiras: somos tres mulleres empoderadas que saben de onde veñen e o que queren. E quen escoite o single, escoitará ritmos urbanos, un son moi moderno, pero recoñecerá a base da música tradicional, tan da terra, tan rítmica. Tan nosa”, apuntan Sabela Maneiro, Aida Tarrío e Olaia Maneiro (Tanxugueiras)

Queres escoitar Midas? Aquí a tes!