test-autoevaluacion-mim

MIM publica o primero “Test de Autoevaluación de Igualdade” no sector musical

Compartir

A Asociación MIM, Mulleres da Industria Musical, publica na súa web o primeiro “Test de Autoevaluación de Igualdade” para que empresas do sector musical poidan coñecer de maneira interna se cumplen ou non os requisitos de igualdade marcarcados pola lei.

O proceso para que as empresas realicen o autotest é sinxelo, un responsable da entidade ten que acceder á web de MIM e encher un cuestionario sobre como pensa que se atopa a entidade en materia de igualdade de xénero e que problemas detecta. O proceso ten unha duración aproximada de 10 minutos e, unha vez rematado, na web aparecerán os resultados de autoevaluación cunha serie de recomendacións adaptadas ás respostas proporcionadas pola entidade.

test-autoevaluacion-mim-2

O test de autoevaluación é unha novidade na industria musical xa que, ata o momento presente, non existía un instrumento que subministrara ás empresas un mecanismo para realizar un autodiagnóstico en materia de igualdade de xénero e, ademáis, posibles solucións para mellorar neste eido.

A partir de xaneiro a ferramenta estará dispoñible en galego, euskera, catalán e inglés.