MJ Perez

MJ Pérez estrea “Agarda No Horizonte”, BSO de “Inês, Aquilo Que Nos Une”

Compartir

A cantautora galega MJ Pérez acaba de presentar o videoclip de “Agarda No Horizonte”, un tema que forma parte de BSO do documental “Inês, Aquilo Que Nos Une”, unha obra audiovisual que narra a  historia da noble galega Inês de Castro.

O tema está inspirado na historia entre Pedro e Inês, e foi gravado en Drum&Roll Studios coa participación de músic@s como Ailén Kendelman na percusión, Beatriz Salas na arpa e Alberto Romero na guitarra clásica. O responsable da gravación e mistura é Iago Blanco. 

O videoclip, dirixido por María José Pérez, foi rodado en localizacións clave da historia en Coimbra, como a árbore e a Fonte das Lágrimas. Ademáis, conta con animacións realizadas partindo das ilustracións de Laura Romero.

Non o perdas: