MJ Pérez presenta o remix de “A Luz Prendida” xunto a Peter Petrowski

MJ Pérez tráenos unha nova versión de “A Luz Prendida”

“A Luz Prendida” (Peter Petrowski Remix) é unha colaboración especial de MJ Pérez e Peter Petrowski. Trátase dun remix de cumbia con toques de electrónica, chicha e de pop, que busca unha versión alternativa e renovada dun tema mantendo a esencia e o aire verbenero de base.