mounqup

Mounqup presenta “A Cinza”, primeiro adianto do seu novo disco

A considerada por moit@s como a Björk galega, Mounqup, acaba de presentar “A Cinza”, o primeiro adianto do seu novo disco de estudo “Aquelarre”, que verá a luz o próximo 26 de novembro.
 
Este novo sinxelo  fala da forza inesperada de algo débil como debería ser a cinza. É o primeiro tema que a artista compuxo para o seu novo álbum, e conta coas colaboracións de Jaime Mateo e Margarida Mariño. O single chega acompañado dun asfixiante videoclip dirixido pola propia artista xunto a Mario Fernández Perez. A fotografía é obra de Daniel Rodriguez Gonzalez, e a coreografía está interpretada polos bailaríns Nuria Sotelo e Miguel Sestelo.
 
“Aquelarre” é un traballo introspectivo no que xogan un papel fundamental como inspiración os elementos da natureza e as mulleres galegas. En palabras da artista: “Sentínme moi identificada coas mulleres do rural galego. Comecei a entender o que significa vivir nunha sociedade matrilineal,  a investigar historias e tradicións locais como as das ninfas aureanas galegas, e no proceso coñecín a moitas mulleres creadoras que me encheron de inspiración…”

Descúbre xa o videoclip de “A Cinza”: