Roma Música

Este Nadal ROMA MÚSICA imparte un “Taller de música creativa para nenas e nenos”

Compartir

Do 26 ao 30 de decembro, a cantautora galega ROMA MÚSICA organiza un obradoiro de música creativa para nenas e nenos en colaboración con Academias Formoso.

O taller, que se impartirá en Nigrán, busca que as nenas e nenos aprendan sobre música a través dunha didáctica basada no autodescubrimento, a exploración, a improvisación e a composición.

As prazas son limitadas e a matricula, que é de carácter gratuito, estará aberta ata o 20 de decembro. Pódense realizar as inscricións nos seguintes correos electrónicos: universoamormusica@gmail.com e hola@academiasformoso.com.

taller música creativa