O novo disco da artista galego-suiza Nastasia Zürcher, “But Life Is Beauty Full”, está a piques de chegar. O álbum estará producido por Adrián Saavedra e chegará ás principais plataformas dixitais este próximo 22 de abril.
O disco conta con colaboracións como as de Pablo Lesuit e Miryam Latrece, e incluirá os últimos singles que Nastasia estreou durante este pasado ano, entre eles: “Lord, I´m Alive”, “A Sentirlo”, “Lo Estoy Soltando” ou “El Hilo”.
O deseño da arte visual do álbum e obra de Guillotina Estudio e a fotografía de Bruno Baw.
Deixámoste recordando o videoclip de “Lord I´m Alive”; un dos temas que formará parte do novo disco da artista: