Os dous artistas galegos unen as súas voces e talentos neste novo sinxelo musical que formará parte do vindeiro traballo discográfico de Nastasia
“El Hilo” é o título que leva o novo tema e videoclip que publican xuntos Lesuit e Zürcher. Unha canción de carácter pop-tropical con aires de fantasía tanto na producción musical (a cargo do exquisito Adrián Saavedra), coma no videoclip (dirixido unha vez máis polo versátil filmmaker Jairo Moreno). Un cuarteto creativo inquebrantable liderado pola vocalista e compositora, quen presenta con este novo sinxelo o cuarto tema adianto do seu próximo disco.
Tanto canción coma videoclip son unha colorida explosión de vida e fantasía floral, unha oda ao florecemento interno, a soberanía e a liberdade do ser, temáticas na total línea expresiva de Nastasia e coas que impregna dende diferentes perspectivas cada traballo artístico que realiza. Xunto a Pablo Lesuit dan vida a unha canción motivadora e alegre que transpira enerxía positiva de principio a fin, e na que contaron na rodaxe con diferentes artistas galegas tanto na parte actoral, textil, maquillaxe, animación, coma técnica. Un enchufón de creatividade colectiva “made in Galicia” nun tema bailable e pegadizo. Será unha das cancións deste verán 2021?