A vocalista e compositora Nastasia Zürcher publicou o terceiro tema de adianto do que será o seu próximo álbum de estudio.
A artista galego-suiza, Nastasia Zürcher, presenta nova canción con videoclip: “A SENTIRLO”. Tema e vídeo de ambientes galácticos, é un canto ao macro Universo e aos nano Universos que temos e somos cada un/unha de nós, que conflúen e viven nun espazo tempo chamado presente polos humanos.
Nastasia Zürcher es un tema de estilo pop e autor con aires tribales nas percusións e arranxos, a cargo do seu fiel copiloto musical o productor galego Adrián Saavedra. O videoclip é obra do seu tamén pilar fundamental, o filmmaker galego Jairo Moreno, quen ven de estrenar “VELUTINAS” de Guadi Galego.
A cantante segue coa súa cronoloxía de publicar novo sinxelo cada 2 meses presentando así paso a paso, canción a canción, a sonoridade, aura e mensaxes do que será o seu terceiro álbum de estudio. Tras facernos bailar e cantar con “LO ESTOY SOLTANDO” e “REVELATION”, os dous primeiros sinxelos que publicou, invítanos con esta nova e vitalista canción a seguir vibrando, conectando e descubrindo o que nos ten preparado para o seu próximo disco e, desexamos moi pronto, os seus novos directos.