Norah Jones

Norah Jones publica álbum de Nadal: “I Dream Of Christmas”

Norah Jones acaba de lanzar “I Dream of Christmas”, un novo álbum de Nadal producido por Leon Michels que inclúe clásicas cancións de Nadal reinterpretadas agora pola artista xunto a tres temas orixinais.

A gañadora de 9 Grammys declarou sobre este novo traballo: “Sempre me encantou a música do Nadal, pero nunca tiven a intención de facer un álbum así ata o de agora. Cando estaba a tratar de pescudar que dirección tomar, as cancións orixinais empezaron a aparecer na miña cabeza. Tratábase de tratar de atopar as alegrías do Nadal, captar esa faísca, ese sentimento de amor e inclusión que anhelaba durante o resto do ano”.

O disco conta coa participación de músic@ s como Brian Blade, Marika Hughes ou Tony Scherr. Non te perdas como soa “Christmas Calling”, un dos temas orixinais da artista