Norde lanza El reflejo

Norde lanza o seu segundo videoclip: “El Reflejo”

Share on facebook
Share on whatsapp
María e Aroa, dúas das 8 rapazas mentorizadas do Programa de Mentoring de Descúbreas, lideran a banda
Norde é unha nova banda de música indie rock en castelán nada en Vigo, formada por cinco membros de diferentes escolas da cidade. O grupo xorde a partir do dúo acústico de versións que empezaron Aroa Ferreiro e María Ferreirós, vocalista e guitarrista da formación. Tras o parón profesional que supuxo a situación derivada do COVID-19, centraron a súa actividade na composición das súas propias cancións. Posteriormente, Dani González uniuse ao proxecto como segundo guitarrista. Lucas San Teodoro e Mateo Fernández incorporáronse finalmente como baixista e batería do grupo. O propio nome da banda fai referencia ás orixes dos compoñentes. Norde forma parte do título dunha obra de Álvaro Cunqueiro, e é a antiga nomenclatura galega da palabra Norte. Partindo da paisaxe e a cultura galega crean unha atmosfera que dá lugar aos valores e estética do grupo.
O estilo musical da banda xorde por mor das diferentes influencias coas que creceron e formaron os seus compoñentes. Partindo de letras poéticas e persoais que se afastan das estruturas convencionais, compoñen un universo alternativo, detallado e emocional, que combina liñas melódicas dinámicas e alcanzan unha sonoridade case sinfónica.

O seu primeiro single “El Reflejo” é unha reflexión sobre o tempo e as emocións. Unha canción que trata de eliminar estigmas sobre as emocións e os procesos mentais que sofren as persoas ao longo de toda unha vida. Fala dos xigantes que ás veces ocupan as nosas cabezas. A banda pretende sensibilizar sobre a deterioración cognitiva e faio cunha letra elegante e unha composición sonora contundente e sofisticada.

O seu inquietante videoclip está protagonizado pola actriz Maria Costas, quen loga reflectir á perfección a sensación de desasosego que Norde transmite coa letra do tema:

Deixa unha resposta

Mais artigos sobre...
Mais artigos sobre...
categoria industria musical
Industria musical
categoria hazlo tú misma
Faino ti mesma
categoria miscelanea
Miscelánea

QUE FACEMOS
Feitos destacados

NOVAS
Actualidade musical

VÍDEOS
Inspírate co que está a soar nas redes

ENTREVISTAS
Historias en primeira persoa

VIDEOTUTORIAIS
A un clic do que necesitas saber sobre música

FORO
Resolvemos as túas dúbidas, envía a túa consulta!

MENTORING
Programa de mentoría musical

AXENDA
Os eventos que non podes perder

DIRECTORIO
Artistas, sonidistas, axencias, escolas…