Sinsal

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia, premiado nos Iberian Festival Awards pola súa contribución á igualdade

Compartir

O Festival Sinsal SON Estrella Galicia acaba de ser galardoado co premio á Mellor Contribución Á Igualdade na séptima edición dos Iberian Festival Awards, uns premios que recoñecen a labor dos mellores festivais da península ibérica en diferentes categorías como sustentabilidade, comunicación ou promoción turística. 

O festival SinSal, que conta con presenza feminina en máis do 50% do seu cartel e staff, estaba nominado tamén ás categorías de Mellor Promoción Turística, Mellor Programa Cultural, Mellor Aloxamento e Recepción e  Mellor Lugar.

Dende Descúbreas dámoslle os parabéns ao festival por este merecido recoñecemento!

Se queres descubrir o resto de festivais gañadores, preme no botón: