Olivia

Olivia Rodrigo estrena o seu “Tiny Desk Concert”

A estadounidense Olivia Rodrigo acaba de estrear en Youtube o seu Tiny Desk Concert para NPR Music. Nel a artista presentou algúns dos temas do seu exitoso disco ” SOUR”, un álbum que está a obter grandes críticas por parte da prensa musical internacional como Rolling Stone, Pitchfork ou NME.
 
No concerto, no que interpreta os temas ” Good 4 ou”, ” Traitor”, ” Drivers license” e “Deja vu” acompáñana 4 mulleres músicas: Heather Baker nas guitarras, Hayley Brownell na batería, Arianna Powell tamén nas guitarras e Moa Munoz ao baixo e a guitarra.
 
O vídeo é obra de David Clair e Joe McGarry, e a súa dirección de fotografía correu a cargo de Matthias Schubert. Non o perdas!