maria-dominguez

A pianista María Domínguez publica “Ten Steps Without a Pace”, unha performance de luz e son

Compartir

María Domínguez lanza o video “Ten Steps Without a Pace“, o primeiro dos catro que formarán parte do seu álbum debut “Koun(t)erpoint”.

O video é unha fermosa “performance”, un concerto para piano e instalación lumínica, que te somerxe nunha atmósfera onírica e poética onde se mesturan os sons do piano acústico coas sonoridades da música electrónica.

A dirección de arte e deseño de iluminación é obra de Laura Iturralde.