PJ Harvey

PJ Harvey publicará un libro de poesía este 2022

A artista británica PJ Harvey publicará un libro de poesía narrativa o próximo 28 de abril.
Baixo o título “Orlam”, o libro, que foi escrito durante 6 anos, será editado por Picador Poetry e estará escrito no dialecto Dorset. Non te preocupes, porque virá incluída unha versión íntegra en inglés.
 
Está previsto ademais que se lance unha edición coleccionista con ilustracións da propia artista.
 
O libro contará unha historia infantil na que “o resultado é unha secuencia poética de luces e sombras, impregnada de toques de violencia, confusión sexual e perversión, a opresión da familia, pero tamén momentos de éxtases en claros asollados, cancións e humor obsceno”.

PJ Harvey anunciou ademais que reeditará os seus discos ” Let England Shake” e ” The Hope Demolition Six Project” proximamente: