compositora

Podo rentabilizar as miñas cancións?

Compartir

Unha gran parte do negocio musical xira ao redor de miles de autoras/compositoras que fan cancións para outros artistas, grupos, cinema, series, videoxogos…

Grandes compositoras de cancións

Rozalén, por exemplo compón case todas as súas cancións, pero artistas como Aitana (de OT) nutren o seu repertorio con cancións de autoras anónimas, ou doutras artistas que compoñen para ela.

Neste caso, as autoras/compositoras reciben unha porcentaxe dos rendementos en base aos Dereitos de Autora.

Se queres saber máis sobre este fío, dinolo e prepararemos máis información.