Vanesa

Vanesa Sánchez, colaboradora de Descúbreas, recolle en nome de Alerta Roja o Premio Ondas Nacional Da Música ao Fenómeno Musical do Ano

Os Premios Ondas recoñecen ás producións musicais, radiofónicas e televisivas a nivel nacional e internacional

A 68º Edición dos Premios Ondas, que recoñecen as producións musicais, radiofónicas e televisivas a nivel nacional e internacional, celebrouse este pasado martes 16 de novembro no Teatro Apolo de Barcelona nunha gala na que se entregaron non soamente os galardóns deste ano, senón tamén os do pasado 2020, aprazados pola pandemia.
 
Un dos premios máis destacados no sector musical do pasado ano foi o outorgado a Alerta Roja na categoría Fenómeno Musical Do Ano, un movemento impulsado por todo o sector de eventos e espectáculos e xurdido durante a pandemia co obxectivo de visibilizar a delicada e preocupante situación que vivía o sector, reivindicando medidas urxentes para regularizalo e dignificalo.
 
Gustaríanos dar os parabéns á nosa compañeira e colaboradora en Descúbreas Vanesa Sánchez, que se encargou xunto con Lorena Jiménez do traballo de coordinación nas redes sociais do movemento, así como na creación e execución das súas campañas de comunicación, e que recolleu o premio este martes en Barcelona. Parabéns Vanesa!
 
vanessa
Vanesa Sánchez, tras recoller o Premio Ondas
 
No que respecta aos galardoados e galardoadas este 2021, destaca no sector musical o Premio Ondas Nacional da Música como Fenómeno Musical do Ano a Aitana e Pablo López, e o Premio á Traxectoria ao ex líder de Duncan Dhu Mikel Erentxun. Ademais, o documental sobre o artista Pau Donés (Jarabe De Palo), “Eso que tú me das”, alzouse co galardón ao Premio Ondas Nacional De Televisión ao Mellor Documental, mentres que a mención especial do xurado no Premio Ondas Nacional de Radio foi a parar o programa de rock e humor “El Pirata Y Su Banda” de Rock Fm. Como ves, a música ten o seu merecido recoñecemento nestes premios!
 
Se queres coñecer a tod@s os premiad@s visita a web oficial dos Premios Ondas pulsando o botón:
 
vanesa sanchez
Vanesa Sánchez e as súas compañeiras na alfombra vermella

Xa podes revivir a gala completa aquí: