LAMC

Presentada a programación e os recoñecementos da LMA “Wonder Women of Latin Music 2022”

Compartir

O Congreso Latin Alternative Music Conference (LAMC), un encontro internacional adicado á comercialización da música alternativa en lingua española, presentou recentemente a programación do seu panel “Wonder Women of Latin Music” e os recoñecementos ás mulleres da industria musical que marcan a diferenza.

Rocío Guerrero, directora global de música latina de Amazon Music declarou: “É moi importante para nos festexar e elevar as voces das mulleres na nosa industria que teñen sido fundamentais no tremendo crecemento da música latina en todo o mundo”.

Este 2022 Angie Romero de Amazon Music Latin Iveliesse Malavé de The Latin Recording Academy o Marissa Lopez de Apple Music serán algunhas das poñentes do panel Wonder Women of Latin Music.

Daniela Bosé (Palacio Vistalegre Arena), Fátima Rodriguez (Grupo Toro) e Núria Net (La Coctelera Music) son algunhas das premiadas co recoñecemento anual Wonder Women Of Latin Music.

Parabéns!

LMAC

O evento LAMC celebrarase en modalidade virtual entre os próximos días  27 e 29 de abril, e en modalidade presencial en New York entre os días 6 e 9 de xullo. Contará con diversos paneis, mostras, exposicións, concertos, roldas de prensa e traballo en red.

Preme no botón para acceder á web oficial da LMAC e presenciar as conferencias:

lmca