An Táboas

Licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, orienta a súa traxectoria profesional á música tras percorrer diversas produtoras audiovisuais, realizando videoclips de varias bandas e artistas galeg@ s como Xoana, Moon Cresta, Supernatural ou Calle del Ruído, así como ofrecendo cobertura audiovisual a diversos concertos, festivais e espectáculos de danza.

Colabora tamén durante varios anos coa web musical Alquimia Sonora, realizando pezas audiovisuais e crónicas de concertos e entrevistas musicais.

FACEBOOK