Ann Trash

O proxecto “ANN TRASH” nace en xaneiro de 2019 froito da experimentación mental dunha artista multidisciplinar completamente anónima que actúa a través de súa creación.

Autodefinida como basurista, o seu rostro sempre cuberto é xa unha sinal de identidade.

Anoxada co orde político establecido, foi deseñada para afondar nas mentes con crúas líricas que espertan conciencias cunha temática sólida e realista.

A súa música é moi versátil: raps que van desde o Old School ao Crunk, pasando polo Hardcore. O seu son electrónico, escuro e inquietante, influenciado, ás veces polo Funk ou o Rock e outras veces polo Punk, o Soul ou a Salsa, marcan un abanico musical moi variado na liña dos seus produtores.

Instagram de Ann Trash

Youtube de Ann Trash