As Lembranzas

As Lembranzas son Merchi e Vanessa Tilve, dúas intérpretes e compositoras galegas de Meis (Pontevedra).

Na actualidade están presentando o seu traballo discográfico chamado “ Gaëla”, que conta a historia dunha personaxe ficticia, Gaëla. Todo transcorre entre Galicia e un país europeo, onde a emigración galega leva anos presente, relacionando o CAMIÑO DO NORTE coas cancións compostas no traballo, composicións propias en lingua galega, no que mesturan as súas raíces celtas con tintes doutras culturas, e que o convirte nun traballo moi ecléctico. Para isto contan coa colaboración de Yoni Vidal, músicos europeos e galegos.

Por outra banda, están a representar nos teatros de Galicia o espectáculo cómico-musical “Lembranzas entre irmáns”, na que contan a súa experiencia como fillas de emigrantes, mesturando música, vivencias e humor. Fan un percorrido internacional pasando por países como Francia, Italia, Cuba…  volvendo a homenaxear aos nosos artistas galegos.

Facebook de As Lembranzas
Instagram de As Lembranzas
Youtube de As Lembranzas