Astrogirl

Astrogirl é María Jesús Cabana, artista coruñesa que comezou a súa aventura musical en 2014. Desde moi temperá idade soubo que o que quería era facer cancións e subir aos escenarios. Con esta idea en mente aos 7 anos empezou a prepararse tomando clases de música e diferentes instrumentos.

Diferentes circunstancias da súa contorna, como a falta clara de referentes femininos no mundo do pop-rock e a ausencia doutras mozas e adolescentes que compartisen as súas inquietudes, unido isto á súa timidez, levárona a crer que ese mundo non era para ela, que alí non estaba o seu sitio. Cos anos, sendo xa adulta, tras moitísimo tempo mantendo en segredo as súas aspiracións, comprendeu que o mundo musical que levaba dentro necesitaba materializarse e que non había máis opción que abrirlle paso se non quería vivir por sempre con ese baleiro.

Comezou por volver coller a súa guitarra e compoñer algúns temas que cantaba para amigos en festas e reunións, pero non foi ata 2017 que empezou a tomarllo en serio. Ese foi o ano do cambio, e o detonante gañar o 2º premio do certame Outra + Outra de “Estudos Mans”.

Este premio levouna a gravar o seu primeiro traballo discográfico: o EP Cosmos Inside (2018) e, o que é máis importante, a recuperar a fe en si mesma e reunir forzas para abrirse camiño na escena. A partir deste intre non deixou de tocar por diferentes lugares do panorama nacional e seguiu traballando en novas cancións.

Actualmente atópase en proceso de mestura do seu próximo traballo, que xa foi gravado, de novo en Alamo Shock, contando coa produción de Guille Mostaza. Será un L.P. conceptual, con 10 temas, todos en castelán, e unha temática relacionada co mundo do chamanismo e as viaxes interiores de autoconocimiento. Se prevee sacar un adianto antes do verán e xa de fronte ao outono, o disco completo.

Instagram de Astrogirl

Facebook de Astrogirl

Youtube de Astrogirl