Aula de música Pianagrama

A aula de música Pianagrama, situada en Mos, nace no ano 2012 baixo a dirección de Ana Belén Rodríguez García.

A súa filosofía baséase en atender as necesidades particulares e intereses de cada alumno e sen deixar de lado a esixencia e a calidade do ensino, o que se pretende é transmitir a música dun modo divertido, ameno e eficaz.

Durante estes 9 anos de existencia, o que primou sempre é que o alumno ou alumna valore esta aprendizaxe como unha ferramenta para compartir, sen presións, nin frustracións, para así poder gozar da música por encima de todo.

Actividades ofertadas

  • Reforzo e preparación de calquera materia impartida no conservatorio.
  • Linguaxe musical.
  • Harmonía clásica e moderna.
  • Música e movemento a partir dos 3 anos.
  • Piano clásico e moderno.
  • Guitarra.
  • Baixo.
  • Canto moderno.
  • Coro moderno.
  • Violín.
  • Viola.
  • Combo.

Facebook 

Instagram 

YouTube