Bea Bernal

Bea Bernal

Bea Bernal é unha coruñesa que descubriu e forxou a súa paixón pola música dun modo singular: con nove anos, ela e dúas amigas, sen formación musical previa ningunha delas, presentáronse a un concurso de música que gañaron. Foi obvio que o interese que espertou nela esa oportunidade ía moito máis alá do nacemento dun hobby.

Comezou unha longa formación de canto en diferentes escolas e coros. Cando puido irse a cursar un ano a Estados Unidos, non dubidou en unirse a un musical que se celebraba no seu instituto, onde actuou como protagonista.

Dende entón, transcorreron uns anos, e Bea combinou a súa formación en Odontoloxía coa participación en diferentes concursos como Recantos, do programa Luar da TVG, en representación da Coruña e a formación autodidacta en guitarra.

En 2019, á vez que terminaba a súa carreira, lanzou a súa primeira canción: “O meu lugar”. Recentemente uniuse a Galicia en concerto e sacado o seu primeiro single “Acórdome de tí” que para ela significa reavivar o soño de que a música ocupe na súa vida o importante papel que a ela gustaríalle; volver ao escenario, ao final, sempre é como volver a casa.

Referencia da artista