CALDO

CALDO

“Caldo é un grupo vigués composto por María Jorge (violín), Anaïs Barbier (voz e pandeireta) e Pedro Fariñas (guitarra e gaita), que presentan unha proposta de melodías tradicionais galegas integradas en novos contextos sonoros, xunto a pezas propias tinguidas das músicas europeas e atlánticas. Creado con agarimo, Caldo resulta un prato musical delicioso, no que os ingredientes
viven unha fusión natural que vai directa ao sentir do público”.