Cantareiras Madialeva

Cantareiras Madialeva nace no ano 2010, está composta de 14 voces femininas que cantan en polifonía pezas maiormente de orixe tradicional, aínda que tamén se atreven con outros estilos. Inclúen no seu repertorio pezas de composición propia, sempre en lingua galega.

Ao longo da súa traxectoria percorreron gran parte do territorio nacional. No ano 2013 gravaron o seu primeiro CD baixo o título de “Ducia e unha”, xa que naquel intre eran 13 as compoñentes. Este ano están en plena creación e recompilación para emprender unha nova aventura e gravar un segundo traballo, que por mor das circunstancias xa se viu retrasado en dúas ocasións e que levará o nome de “Madialeva por dentro e por fóra”, proxecto no que non faltará a retranca propia deste grupo.

Facebook de Cantareiras Madialeva

Instagram de Cantareiras Madialeva