Centro Superior de Música de Galicia

VALGA (Pontevedra)

O Centro Superior de Música de Galicia ten máis de 20 anos de experiencia na formación musical. Ofréceche unha alternativa privada de ensino musical superior con titulación oficial das seguintes especialidades: interpretación, pedagoxía, musicología, composición, dirección e produción e xestión.

Ofrecen un claustro variado e de prestixio internacional capaz de presentar aos estudantes un modelo académico que represente diferentes escolas e formas interpretativas. Realizan proxectos interpretativos e creativos como recitais, concerto de grupos de cámara, sinfónicos, coral, a estimulación da composición musical, a dirección e a pedagoxía musical. Ademais, poderás atopar masterclass, formación a medida e preparación para as probas de acceso.

MÁIS INFORMACIÓN: CSM Galicia