Elas Son Artistas

Elas Son Artistas é un micro festival no que a creatividade da muller é protagonista e que achega eventos culturais aos concellos da área Metropolitana da Coruña cunha programación máis intensa na capital, na que conta con múltiples sedes.

En todos os espectáculos, sexan de música, teatro, pintura, poesía, humor… a característica que os une é que hai mulleres creadoras á fronte deles, aínda que iso non exclúe aos homes dos seus escenarios. Trátase dun proxecto que pretende visibilizar a igualdade na cultura e que incorpora tamén unha xornada profesional para traballar no ámbito das boas prácticas que permitan unha igualdade real no ámbito das artes, tanto por parte das administracións públicas como desde o sector privado.

As dúas experiencias previas, 2018 e 2019, deron un resultado máis que satisfactorio e aínda que a edición de 2020 dilatouse no tempo por mor da pandemia sanitaria, seguen coa mesma liña de propostas, modestas, de alta calidade, e repartidas polos concellos lindeiros.

MÁIS INFORMACIÓN:

Elas Son Artistas

Facebook

Instagram