Elba

ELBA é proxecto persoal da artista compostelana Elba Souto. Graduada en canto lírico e violín no conservatorio de Santiago de Compostela con premio extraordinario na súa promoción e, tras pasar por varios proxectos musicais, presenta en xullo de 2019 o seu proxecto en solitario no que exerce tanto de intérprete como de compositora e productora.

Inspirada en figuras como Kate Bush , Enya , Madonna e bandas como Joy Division , Echo & the Bunnymen e The Jesus and Mary Chain, ELBA exhibe tanto na súa música como na súa estética a solidez dunha artista contemporánea íntegra e vanguardista. O synth pop, o dark wave, e o dream pop mestúranse na súa música para crear unha atmósfera de luces e sombras, vintage pero actual, natural pero meticulosa, fría e incandescente.

Instagram de ELBA