Érika Lewis

O seu nome é Érika Porto, pero cando comezou no mundo artístico definiuse como Érika Lewis, e así quedou ata hoxe en día.

Comezou a cantar no ano 2014, realizando concertos acústicos, live acts e compoñendo algún tema de música electrónica. Sempre quixo dedicarse a iso, pero era consciente de que non estaba aínda á altura, así que aplicouse en canto puido a definir o seu estilo, e sobre todo a formarse todo o posible.

Durante estes anos, a música era un hobby que chegou a combinar con ata 3 traballos, ata que en 2017, presentouse a oportunidade de comezar realmente a súa carreira como profesional, con Broken Peach. Pasaron 4 anos desde entón, cargados de experiencia, formación, paixón e esforzo. E sobre todo, e que non menos importante por considerarse frívolo, 4 anos nos que se puido manter unicamente co que máis goza: cantar.

Ser parte de Broken Peach, no que todo se realiza “ made by us” ademais de artista, ensinoulle a ser autosuficiente, constante e sobre todo, capaz.

Érika dinos a todas e todos: “Oxalá seguir aprendendo, loitando e dedicándonos aos escenarios, moitos anos máis!”