Estudo Bonobo

Estudo Bonobo é unha escola de artes xestionada por un equipo de persoas adicadas á busca do desenvolvemento integral mediante proxectos concebidos polo propio alumnado, dentro dun marco de traballo cooperativo, solidario e igualitario.

Traballan a aprendizaxe adecuando os contidos individualmente en función dos obxetivos de cada artista, fomentando así os proxectos multidisciplinares que fortalecen o espírito colaborativo e organizativo entre todas as artes.

Que atoparás en Estudo Bonobo?

  • FORMACIÓN MUSICAL : Escolle os instrumentos, toca e graba a túa música da man dun titor persoal.
  • ARTES ESCÉNICAS: Aprende a expresarte mediante o corpo, a voz e a interpretación
  • ARTES PLÁSTICAS: Todas as técnicas para plasmar a túa creatividade.

Atopa máis información na súa web e redes sociais:

Estudo Bonobo.

Facebook.