Gain Over

A metodoloxía desenvolvida por Gain Over combina un enfoque lúdico á vez que rigoroso. Desta maneira, os alumnos poderán gozar do proceso de aprendizaxe e obter os mellores resultados.

Os alumnos e alumnas de Gain Over non só aprenden a tocar. Tamén se soben ao escenario e participan en eventos da escola, festivais e concertos como Solpor de Monteferro, Sons do Cascos en Baiona e Vive Nigrán.

En Gain Over imparten clases de guitarra eléctrica, guitarra acústica, baixo, batería, teclado, piano, canto e combo. E para os máis pequenos: Música e Movemento; un programa deseñado para que os peques comecen na música dunha forma divertida, estimulando o desenvolvemento das súas capacidades cognitivas, auditivas e motrices.

Coñece Gain Over e o que che ofrece.