girls gang

Girls Gang

Girlband cun selo moi persoal, formada polas pontevedresas Anabel, Antía, Law e Tamara. Xuntas combinan harmonías vocais con coreografías creando un espectáculo dinámico e vibrante. A súa proposta sáese do que podemos estar afeitas ver no panorama local xa que aúna influencias do K-pop, con ritmos urbanos e latinos en español. A banda está a crecer dunha forma exponencial xa que, aínda que fai menos dun ano que empezaron a darse a coñecer, xa acumulan máis de 66.000 seguidores nas súas redes sociais.