Inés Carreño

Inés Carreño é unha artista española dun pobo costeiro de Galicia, Portosín. Ten un percorrido de máis de vinte anos ás súas costas nos escenarios, deixando unha pegada inolvidable da súa personalidade, creatividade e voz inconfundible. Xenio e figura, capaz de improvisar en cada concerto, facéndoo único co seu domino escénico.

Durante a súa infancia entra en contacto coa música tradicional e folclore de Galicia, participando de cheo nunha agrupación cultural, onde aprende baile tradicional e a tocar: pandereta, gaita e tambor. Atopa o seu despertar como cantante escoitando a súa avoa materna, andaluza de Medina Sidonia, que lle cantaba tanguillos de Cádiz e habaneiras. O seu gran interés polo arte, fai que comece a estudar música e pintura, outro dos seus talentos, escriba as súas primeiras letras e composicións, grabando as melodías e ideas nos antigos casettes.

WEB DA ARTISTA